As Escolas Oficiais de Idiomas son centros públicos dependentes da Consejería de Educación da Junta de Andalucía. Grazas ao Plan de Fomento do Plurilingüismo convertéronse en centros integrais de formación en linguas ofrecendo ensinanzas presenciais, semipresenciais e online.
As sinais de identidade da Escola Oficial de Idiomas de Granada son estes dez principios de calidade educativa:
- Programación de acordo ás directrices do Consello de Europa.
- Metodoloxía comunicativa.
- Avaliación fiable, válida e obxectiva.
- Certificado recoñecido por instancias europeas.
- Actividade lectiva suxeita a controis rigorosos de calidade.
- Organización académica contorno a equipos docentes e órganos de coordinación.
- Profesorado con titulación universitaria e formación específica.
- Avaliación interna do grao de satisfacción dos usuarios.
- Información veraz, transparente e suficiente sobre o proceso e as condicións de inscrición e matrícula.
- Espazos e instalacións axeitados á práctica docente.
A Escola Oficial de Idiomas de Granada ofrece, polo momento, alemán, árabe, español para estranxeiros, francés e inglés. As ensinanzas estrutúranse en tres niveis (a partir do curso 2007/2008): Básico, Intermedio e Avanzado, dividido cada un en dous cursos. Á parte dos cursos ordinarios, o centro ofrece Cursos de Actualización Lingüística dirixidos ao profesorado implicado en proxectos de centros bilingües dentro do Plan do Fomento do Plurilingüismo. Os niveis das nosas ensinanzas atópanse no eido do Marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación.
Aquí pode atopar algúns dos proxectos e actividades nos que o centro participou:
- A biblioteca virtual, proxecto que obtivo III Premio na XVII Convocatoria Provincial de Bolsas de Investigación no marco do convenio de colaboración subscrito entre a Delegación Provincial de Granada da Consejería de Educación da Junta de Andalucía e Caja Granada. Dispoñible para o curso 2007/2008 a través da web do centro http://eoidegranada.org, Sección de Recursos.
- Experimentación do PEL (Portfolio Europeo das Linguas).
- Organización do curso O ensino do español como lingua estranxeira.
- Participación na elaboración do Currículum Básico das Escolas Oficiais de Idiomas de Andalucía.
- Participación na elaboración do Currículum de Árabe en Secundaria.
Benvidos e benvidas á Escola Oficial de Idiomas de Granada, onde os idiomas unen.
|